O Proxecto

O meu traballo dáme o privilexio de poder coñecer outros universos creativos, e no ano 2026 tocoume coñecer o de Ibuprofeno Teatro, ou Marián e Santi, que decidiron contruír unha casa diante da audiencia no seu espectáculo Bio Construción.

E por iso me chamaron. Non porque eu saiba facer casas, que non sei, senón como asistente no traballo poético con obxectos.

Eles admiran a labor do Retrete de Dorian Gray, Marián e mais eu entendímonos moi ben no proceso da Serie Clopen, e Santi coñeceu de cerca os inicios do meu proxecto VILA.

Por iso, cando se propuxeron este exercicio de autoficción surrealista e autoparodia que é Bio Construción, non dubidaron en contar comigo.

Así que eles dous coa compañía de Macarena Montesinos, e o resto do equipo, aló nos puxemos nunca mellor dito, mans á obra para construír mais que unha casa, un fogar en cada teatro.

Non podo deixar de destacar o traballazo que se pegou Jose Perozo coa escenografía, realizando unha casa preciosa que se pode erguer, derrubar e reconstruír función a función.

E tamén a precisidade do vestiario de Laura Vidales, que debería de ser ollado de perto para poder gozar de cada detalle que ten.

As fotos, con permiso de Diego Seixo, son miñas, xa que non puiden evitar facer reportaxe do proceso.

Ficha artística:

  • Ano: 2026

  • Créditos das fotos: Marcos PTT

  • Dirección: Santi Cortegoso e Marián Bañobre

  • Dramaturxia: Santi Cortegoso

  • Asistencia de dirección:Marcos PTT

  • Escenografía: Jose Perozo

  • ELENCO: Marián Bañobre, Santi Cortegoso, Macarena Montesinos

  • Música: Macarena Montesinos

  • Auxiliar de dirección: Gloria Punzano

  • Iluminación: Carlos Osorio.

  • Vestiario: Laura Vidales

  • Caracterización e maquillaxe: Baia Fernández

  • Movemento: Armando Marténs

  • Imaxe: Diego Seixo