O Proxecto

E Quico volveu contar comigo para a videoescena dunha peza montada por el.
Neste caso tocoume estrearme traballando con Talía, unha das maiores factorías teatrais de Galicia, unha familia formidable e admirable.

O encargo era de traca: facer mediante vídeos os pequenos interludios que Bertolt Brecht incluía no final de cada escena explicando o trasfondo histórico do que acababamos de ver. Vamos, que non quería deixar ningún tipo de dúbida respecto a que aquela historia de gángsters falaba nin máis nin menos que da evitable ascensión de Hitler ao poder.

Desta volta, os gángsters de Chicago convertéronse en yakuzas na habitación dun hotel, de feito que tiven que combinar expresionismo alemán, vangarda soviética, documentalismo histórico e pelis de ninjas.
Todo ok.

Ficha artística:

  • Ano: 2026

  • Créditos das fotos: Vanessa Rábade

  • Dirección: Quico Cadaval

  • Dramaturxia: Bertolt Brecht

  • Escenografía: Dani Trillo

  • ELENCO: Dani Trillo, Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Xurxo Barcala e Artur Trillo

  • Música: Javier Abraldes

  • Iluminación: Dani Trillo

  • Vestiario e Maquillaxe: Martina Cambeiro

  • Movemento: Marcos Orsi

  • Produción: Auri Ferreiro e Artur Trillo