Son Marcos PTT. Creador escénico, director teatral e intérprete.

Como todas as persoas que nos adicamos ao teatro, fixen e fago un pouco de todo. Actúo, dirixo, escribo, produzo, monto vídeos, fago fotos. Pero xa non me preocupo coa idea de quen abarca moito aperta pouco. Ademais, eu son moi de dar apertas.

Porque a min o que me interesa do que fago realmente é traballar con xente. Aí está a miña especialización. Os procesos colectivos nos que a suma de persoas multiplica o resultado. O proceso como finalidade principal. En definitiva, tentar que o que fago me faga feliz a min e a quen traballa comigo. E ao público tamén. 

Os formatos convencionais as máis das veces resúltanme aburridos. Gústame que a relación co público recupere a sensación de xogo. Cando era pequeno, ir ó cine era algo especial. A experiencia comezaba antes de que o proxector se acendese. E recuperar iso é o que move os meus traballos persoais.

Iso, e tentar que entre todo o ruído que nos rodea, o que fago sirva para algo.

Pero tamén traballo moito por encargo, e como o cliente ten sempre a razón, e tal e como dixen, o que máis me move é traballar coas persoas, neses traballos achégome ao xeito de pensar de quen confía no meu traballo.

Se queres contratarme, saber algo dos espectáculos que movo, unhas fotos ou tomar un café, podes facelo mandando un email ou cubrindo este formulario. Respondereiche a fume de carozo.