O Proxecto
Moitas veces hai quen pensa que formo parte de Pistacatro. E normal, xa que nos inicios, antes de ser unha empresa e eramos todas unha panda de jipis, eu era un máis.
E a día de hoxe, son moitos os proxectos deles nos que acabo involucrado. E A Serie Clopen é ata o de agora o máis importante.
O Centro Dramático Galego decidiuse finalmente, no ano 2025, a apostar polo Circo e facer a primeira produción oficial da casa empregando esta linguaxe.
E Pablo Reboleiro foi o encargado de dirixila, e encargarse da dramaturxia xunto con Clara Gayo, que moldeou coa súa pluma o caos da cabeza do Pablo e o resto do elenco.
Xa que no circo sempre se crea de xeito colectivo. E unha das persoas dese colectivo fun eu.
Asistencia en dirección, dramaturxia, deseño de son, e de xeito inesperado, acabei facendo a videoescena coa gran Laura Iturralde.
Que aventura.
Un elenco de película, coas mellores pallasas, aeralistas, malabaristas e persoas que te poidas imaxinar.
A Serie Clopen foi especial, un torrente de emoción que encheu o salón teatro durante dous meses. Hai xente que pensa que o circo en xeral, e particularmente o feito en Galicia, é un arte menor (se é que algo así existe…).
Pois tiveron que calar a boca cando o todo público quedou coa boca aberta.















