Sinopse

En nova colaboración con Alberto Guitián, na parte do deseño gráfico, realicei tres vídeos escénicos para a peza “O montacargas” de Harold Pinter, adaptada e dirixida por Evaristo Calvo para a compañía Acusmaser Opus e a produtora Ainé. Os vídeos requerían boa resolución e unha produción audaz, con medios limitados. Enfoqueino na animación con títeres e fotografías para recrear diversos soños das personaxes que xurdían na peza como flash-backs.

A forza dos vídeos recaía unha vez máis no deseño de son, que era o elemento forza que daba verismo á montaxe final. Foi unha boa ocasión para profundizar nos rudimentos da animación e a maneira de producir ideas e solucións enxeñosas e eficaces. Como anécdota, dicir que me equivoquei no soño dunha das personaxes, que atribuín a outra, o que Evaristo aproveitou para introducir unha mentira na relación entre elas, conferíndolle máis intensidade dramática á posta en escena.

Ficha artística:

  • Ano: 2019

  • Cartaz: Alberto Guitián.

  • Deseño de Son: Marcos PTT

  • Gráfica: Alberto Guitián

  • Animación; Marcos PTT