Sinopse
Para o ano 2021, O Fiot decidíu apostar de novo polo formato FIOT FÓNICO. Mais desta volta, Quico cedeume a dirección artística do proxecto, limitándose a deseñalo comigo. Decidimos que a autora dese ano sería María Lado
E María decidíu que quería facer unha historia noir: “O espello que arde”, spin-off da “Lúa, Válvula de Spray“.
Nela, recuperamos a personaxe de Leo, ao que temos que acompañar, coma inspectores de policía, para facer a reconstrución dun crime polas rúas da perigosa Carballo. Empreguei este concepto e o feito de entrar na dirección artística dende o minuto cero, para que desta volta o formato fose máis un paseo sonoro que un podcast ao uso. E alá foi!